ESPECTACULO DE DANZA CONTEMPORANEA PARA FIN DE CURSO

Data inicio: 13/06/2025     Data fin: 13/06/2025

DESCRICIÓN:

SóLODOS EN DANZA é un festival internacional de danza contemporánea e un concurso coreográfico Iberoamericano que promove o intercambio cultural entre continentes e que se celebra en Ourense dende hai oito anos.

Os alumnos e alumnas asistentes poderán disfrutar das cinco coreografías finalistas nesta actividade.

Ao finalizar as actuacións haberá un diálogo aberto entre artistas e estudantes co obxectivo de resolver as dúbidas ou cuestións que poidan xurdir.

A creación de artistas novos adoita centrarse en aspectos biográficos, de aí que sexan propostas que encaixan e interesen aos escolares maiores de 10 anos, e permiten relacionar os seus intereses persoais, propios da idade, coa danza e movemento.
Este vínculo que permite crear novos públicos quedará patente na votación do alumnado, para seleccionar a súa coreografía preferida, que será o PREMIO XOVE SóLODOS EN DANZA / OURENSE / 2025

OBXECTIVOS:

• Dar a coñecer a danza contemporánea 
• Crear espectádores críticos


DIRIXIDO A: 

Alumnado a partir de 10 anos, ESO, Bacharelato e ciclos 

DATA,ESPAZO E HORARIOS


• 13 de xuño ás 10.00h   (PRAZA DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA)


OBSERVACIÓNS:

A duración é de 90 min aproximadamente
Non hai transporte para esta actividade


Coordinación :

Isabel Doval Ferro (educa.programas1@ourense.es/988388169)



Vídeos Novas Unidades didácticas    Fotos Actividade    prensa
© 2012 concellería educación - Todos os dereitos reservados | Política de Privacidad