Dende a Aula da natureza do río Miño, realizarase unha iniciativa para que os alumnos que asistan a esta actividade, coñezan os ecosistemas galegos por excelencia, non só pola súa riqueza da flora e fauna, senón tamén pola súa extraordinaria beleza paisaxística, que fai exceder tranquilidade e onde se pode observar o gran traballo da natureza en miles de anos.
Os bosques autóctonos galegos, tamén denominados “fragas”, son aqueles en os que non interveu a man do home na súa formación e existen desde tempos inmemoriais. A súa antigüidade é case incalculable, constituíndo ecosistemas autónomos que se rexeneran por si sós, e están dotados dunha gran biodiversidade.
Comentaranse características dalgúns dos bosques máis representativos de Galicia, pero non os únicos, que teñen un gran valor ecolóxico, ambiental e un pasado cultural e histórico extraordinario, como: As Fragas do Eume, Devesa da Rogueira, Fraga de Catasós, O Bosque de A Fervenza, Ridimoas, Bosque de Os Grobos, Devesa de Nimo. Tamén outros lugares con gran carga ecolóxica: Teixadal de Casaio, Bosque de Zamáns, etc.
A actividade dividirase en dúas partes ven diferenciadas, nunha parte teórica onde describirase a flora a fauna, as características dos bosques galegos e a súa singularidade, e outra parte práctica onde observarase e recoñecerán as especies máis representativas que o compoñen, tanto da súa fauna como da súa flora e particularidades de cada un deles.
Dende a Aula da natureza do río Miño, realizarase unha iniciativa de concienciación, educación, protección e participación dos nosos bosques nesta actividade, constituíndo un importante recurso educativo.
Obxectivos:
Recoñecer e interpretar os compoñentes vexetais e animais dos bosques e a súa relación.
Dar a coñecer os bosques galegos mais representativos e as súas características.
O carácter cultural e histórico dos nosos bosques.
As diferencias dos distintos tipos de bosques autóctonos e a súa relación co releve e a auga.
Intre - relación entre as especies que viven neles.
O orgullo do noso patrimonio vexetal, cultural e histórico.
Conferenciante: Ignacio Alfredo Nanín Sáez
Autobus aportalo a Concellaría de Educación.
Lugar de realización Parque botanico de Montalegre
Destinatarios/as Alumn@s de Primaria,eso e Bacharelato
Grupos: 10 grupos non superiores a 50 persoas
Periodización:Novembro 2024
Horario: de 10:00 a 12:30h
Duración: 120 minutos
Equipo técnico: Luis Herminio Amigo Estrada e Ignacio Alfredo Nanín Sáez
Telefono: 988510781
Correo electrónico: aulanatureza@ourense.es