NORMAS DE MATRICULACIÓN E PREINSCRIPCIÓN OPCIÓN ALUMNADO CURSO ESCOLAR

Para obter praza na EMMO as persoas interesadas deberán cubrir o formulario correspondente e acompañar os seguintes documentos acreditativos dos criterios de selección que a continuación se relacionan.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DO ALUMNADO

  • ESTAR EMPADROADO NO MUNICIPIO DE OURENSE.
  • RENDA DA UNIDADE FAMILIAR.
  • CONDICIÓN DE FAMILIA NUMEROSA.
  • MINUSVALÍAS.,
  • ASISTENCIA A ESCOLA MUNICIPAL PARA A QUE SE SOLICITA A PREINSCRICIÓN DE IRMÁNS, PAI OU NAI.

Nos casos de empate, resolveranse en función da data de chegada do correo con a solicitude e toda a documentación requirida segundo a normativa actual.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR

1. ADXUNTAR COPIA DO XUSTIFICANTE DE PREINSCRICIÓN CUBERTO

NA WEB: www.educacion.ourense.gal

2. PRESENTACIÓN DA COPIA DO TÍTULO DE FAMILIA NUMEROSA, SE É O CASO.

3. ACREDITACIÓN DE MINUSVALÍA SUPERIOR AO 33% DO SOLICITANTE OU DALGÚN MEMBRO DA UNIDADE FAMILIAR, MEDIANTE A PRESENTACIÓN DE COPIA DO CERTIFICADO OFICIAL EXPEDIDO POLA XUNTA DE GALICIA, NO CITADO CERTIFICADO DEBERÁ CONSTR A DATA DE INICIO DO RECOÑECEMENTO DA MINUSVALIA E SE ESTA É DEFINITIVA OU PROVISIONAL COA DATA DE FINALIZACIÓN DE EFECTOS NESTE ÚLTIMO CASO.

4. COPIA DO DOCUMENTO NACIONAL DE IDENTIDADE DO SOLICITANTE (si é menor, o Dni do pai, nai ou titor).

5. COPIA DO LIBRO DE FAMILIA COMPLETO ( só en caso familiar no centro).

6. COPIA DA RENDA DA UNIDADE FAMILIAR DO ANO 2022(presentada en 2023)

No mesmo prazo de preinscrición as personas interesadas achegarán a documentación que figura nas normas de matriculación, a través da conta de mail: musica.administracion@ourense.gal

Os listados provisionais de admitidos/as publicaranse na web www.educacion.ourense.gal na mañá do día 2 de setembro.

Para os cursos coincidentes co ano escolar a contía do prezo público será a fixada nas seguintes tarifas:

Matrícula: 33€

Cota trimestral Música e movemento: 39.40€

Cota trimestral Instrumento: 78.80€

A partir do segundo membro de familia aplicaráse un desconto do 50 %.